Dirección: Avenida de la Peregrina. 3 bajo 15220 Bertamiráns (Ames)
Horario: de luns a venres: 8:00 h - 20:30 h
Sábados: 11:30 h - 13:00 h / 17:00 h - 20:30 h
Domingo: posibilidade de aluger.
O noso local está situado nunha zona céntrica de Bertamiráns (a 10 minutos de Santiago de Compostela). Dispón dunha superficie de 220 metros2, está deseñado dunha forma moi aberta, o que permite a visibilidade de todos os grupos nas diferentes estancias, a vez que favorece un ambiente de cohesión grupal.
No centro de ocio levamos a cabo as seguintes actividades:
Proxecto educativo destinado a nenos de 2 a 3 anos (de luns a venres pola mañá)
Potenciamos tódalas capacidades cognitivas, intelectuales, motoras, emocionais e afectivas dos nen@s. Fomentamos hábitos que os axuden a actuar dun xeito máis autónomo, adquirindo progresivamente seguridade emocional e afectiva. Cultivamos actitudes tolerantes e de igualdade.
Utilizamos unha metodoloxía que nos permite trasmitir conceptos a través de xogos e cancións, fomentando o gusto por aprender.
Apoiamos a nosa labor educativa nunha continua comunicación e colaboración coas familias.
Áreas de traballo: adquisición de normas e hábitos, linguaxe, grafomotrocidade, psicomotricidade, inglés, música, audición de contos, ...
Tarifas:
3 horas diarias: 100€ / mes
4 horas diarias: 115€ / mes
5 horas diarias: 135€ / mes
6 horas diarias: 140€ / mes
Matrícula anual: 60€
Actividades e obradoiros lúdico-educativos (de luns a venres polas tardes)
Actividades socioculturais (dirixidas a conseguir a participación e a interacción con desmáis) (todas as actividades realizadas no centro responden a este concepto)
Actividades formativo-educativas (orientadas a adquisición de coñecementos, habilidades e valores) (aulas da natureza, coñecemento do medio,...)
Actividades de difusión: emprego da cultura para o disfrute das aportacións de épocas pasadas e presentes (obradoiros de xogos tradicionais, danzas do mundo,...)
Actividades artísticas: que favorecen a expresión e a creatividade (cestería, teatro, ...)
Actividades lúdicas: organización de xogos e festas que propician as relacións interpersoais
Actividades corporais: sesións para mellorar o benestar físico e mental
Tarifas:
3 horas diarias: 85€ / mes
4 horas diarias: 95€ / mes
5 horas diarias: 115€ /mes
6 horas diarias: 125€ / mes
Matrícula anual: 60€
Tarifas por hora:
1ª hora: 2,80€
Horas sucesivas: 2€
Promoción vales de 10 horas: 20€ y vales de 20 horas: 40€ (válidos a partir de las 14h30)